RCD / NOVAS

Cavaleiro, preconvocado pola Selección Sub-21 de Portugal para o dobre choque ante Holanda

O deportivista Iván Cavaleiro foi preconvocado pola Selección Sub-21 de Portugal para dous partidos clasificatorios para o campionato de Europa da categoría.

23/09/2014 08:38

Ambos os partidos serán ante Holanda, o primeiro en Alkmaar (Holanda) o 9 de outubro; e a volta en Pacos de Ferreira o 14 de outubro.

A convocatoria definitiva será o próximo 3 de outubro. En caso de ser citado, o futbolista do Dépor terá que presentarse o 5 de outubro na localidade lusa de Linda-a-Velha para incorporarse á concentración.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas