RCD / NOVAS

Cavaleiro supera sen contratempos os recoñecementos médicos e incorpórase ao adestramento

- Foto: Susi García - Tras superar sen contratempos os recoñecementos médicos aos que foi sometido esta mañana no Hospital HM Modelo e asinar toda a documentación, Iván Ricardo Neves Abreu Cavaleiro (Vilafranca de Xira - Portugal, 18-10-93) converteuse este mediodía en novo xogador do Real Club Deportivo.

08/08/2014 18:48

Este dianteiro internacional portugués, que tamén pode xogar en banda, chega cedido do Benfica, club ao que pertence desde 2007. Incorporouse aos adestramentos co persoal esta mesma tarde en Abegondo e mañá sábado será presentado á afección deportivista na previa do partido de semifinais do Teresa Herrera entre o Dépor e o Sporting de Portugal.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas