RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

CD Calasanz e RC Deportivo, campións da XXV edición do Mini Teresa Herrera prebenxamín e benxamín

As finais da XXV edición do Mini Teresa Herrera en categoría prebenxamín e benxamín iniciaron unha tarde de fútbol e festa en ABANCA-RIAZOR.

Ural Español CF e CD Calasanz enfrontáronse na final de categoría prebenxamín, que se disputou na metade do campo máis próxima á bancada de Marathón. Venceron os colexiais (0-3), grazas aos goles de Xabier, Erin e Mateo.

Na metade de campo correspondente á bancada de Pavillón, impúxose o RC Deportivo ao Ural Español CF (0-2) na final benxamín. Decidiu un partido moi igualado Íker, autor dos dous tantos.

Independentemente do resultado dos partidos, foi unha tarde que seguro que estes nenos e nenas non esquecerán en moito tempo. Como tampouco as súas familias e amigos, que vibraron cos partidos desde as bancadas de ABANCA-RIAZOR.

A concelleira de Deportes do Concello da Coruña, Mónica Martínez; acompañada polo Director de #ANOSACANTEIRA, Fran González; e o Presidente da AFAC, Manuel Vázquez, encargáronse de entregar os trofeos a todos os participantes.