RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges: "A idea é chegar o máis finos posible ao próximo domingo”

Celso Borges pasouse pola zona mixta do Estadio de La Devesa de Bembibre, unha vez concluído o encontro entre o Deportivo e o Valladolid Promesas co que se pechou a pretemporada branquiazul.

Apuntou que "evidentemente non nos gusta perder. Son partidos de moita loita, de moita segunda xogada. Eles aproveitárono. Non nos queda máis que aprender disto e seguir".

O internacional deportivista admite que en cada partido "fixemos cousas boas e outras non tanto. Imos aos poucos. A idea é chegar o máis finos posible ao domingo", no arranque ligueiro ante o Salamanca CF UDS en ABANCA-RIAZOR.

Celso pide nesta Segunda B "manexar o aspecto psicolóxico. Hai que saber manexar o feito de que todo o mundo quéirache xogar, quéirache gañar, facer o partido das súas vidas. Iso hai que sabelo levar, e nós igualalo en intensidade e loitar polos nosos obxectivos".

Advirte un dos futbolistas con máis experiencia na elite que a liga non vai ser un paseo "como tampouco o foi a pretemporada. Foron bastante pelexados. Hai moitísimos factores para que os partidos sexan trabados. Talvez haxa moitas imprecisións. Hai que facerlle fronte e gañar este tipo de partidos. Cando non sucede, como foi hoxe, ímonos tristes para casa pero sabendo que xa vén a competición, que é o que máis nos gusta".

Alégrase o mediocentro branquiazul polos afeccionados que poidan acudir o domingo a ABANCA-RIAZOR: "O que haxa un pouco de público ponnos moi contentos. E xogar en casa sempre é lindísimo".

Finalmente, a nivel persoal asegura sentirse "ben. Trátase de ir collendo ritmo e a partir de aí o domingo espero estar, por suposto. Para iso estou a adestrar".