RCD / NOVAS
Celso Borges, citado por Costa Rica para tres partidos en xuño, xa se adestra no seu país

Celso Borges foi convocado pola súa selección, Costa Rica, para tres partidos a principios de xuño.
O mediocentro deportivista adéstrase desde hoxe xoves no Complexo Deportivo Fedefutbol-Plycem en Costa Rica, xunto aos seus compañeiros Joel Campbell, Felicio Brown e a un grupo de internacionais sub-20.
Os partidos programados pertencen á Final Four da Concacaf Nations League e un amigable ante Estados Unidos.
A semifinal da Concacaf Nations League xogarana México e Costa Rica o xoves 3 de xuño no Mile High Stadium (Denver, Estados Unidos) ás 22:00 (hora local, 6:00 do venres 4 de xuño en España)
O gañador do encontro pasará á gran final do domingo 6 de xuño (19:00 hora local, 3:00 do luns 7 de xuño en España) contra o vencedor da outra semifinal que enfronta a Honduras e Estados Unidos. Os perdedores das semifinais xogarán a final de consolación ese mesmo domingo 6 de xuño (16:30 hora local, 00:30 do luns 7 en España). Ambos os encontros tamén se disputarán no Mile High Stadium.
Ademais, Costa Rica xogará un amigable ante Estados Unidos o mércores 9 de xuño no Rio Tinto Stadium (Salt Lake City, EEUU) co que se pechará esta concentración.