RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges, con Costa Rica, medirase a España nun amigable en Málaga

- Foto: @FEDEFUTBOL_CR -

Celso Borges aforrarase unha longa viaxe de ida e volta ao seu país, Costa Rica, no parón polas Seleccións do próximo mes de novembro. O motivo é que a selección costarriqueña, xa clasificada para o Mundial de Rusia 2018, disputará dous amigables en Europa.

O primeiro deles será o sábado 11 de novembro no Estadio de La Rosaleda de Málaga ante España.

E o martes 14 de novembro, os 'ticos' visitarán a Hungría, en Budapest.

O mediocentro branquiazul, un dos fixos para o seu seleccionador nacional, terá que incorporarse á concentración de Costa Rica o luns 6 de novembro, dous días despois de que o Dépor reciba no Estadio ABANCA-RIAZOR ao Atlético de Madrid.

Andone e Pantilimon, preconvocados por Romanía para dous amigables

Os futbolistas branquiazuis Florin Andone e Costel Pantilimon foron preconvocados para dous partidos amigables da súa selección, Romanía, no mes de novembro.

Os encontros serán ante Turquía na cidade romanesa de Cluj o 9 de novembro; e o martes 14 de novembro en Bucarest fronte a Holanda.

Nos próximos días, o seleccionador romanés, Cosmin Contra, fará pública a lista definitiva.

Romanía quedou fóra da próxima edición do Mundial, en 2018 en Rusia, ao quedar clasificada en cuarta posición no seu grupo, por detrás de Polonia, Dinamarca e Montenegro.