RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges concéntrase este luns 28 con Costa Rica de cara á Copa de Ouro da CONCACAF

- Foto: @Concacaf -

A Federación Costarriqueña de Fútbol incluíu a Celso Borges na lista de 27 xogadores que se concentrará este luns 28 de xuño para disputar durante o mes de xullo en Estados Unidos a Copa de Ouro da CONCACAF.

O 1 de xullo, o novo seleccionador 'tico', Luis Fernando Suárez, fará pública a convocatoria definitiva de 23 futbolistas.

Celso Borges acaba de disputar coa súa selección, tamén en Estados Unidos, a Fase Final da Concacaf Nations League, en cuxos partidos foi titular.

Para este novo torneo continental, equivalente á Eurocopa ou á Copa América, Costa Rica quedou encadrada no grupo C, xunto a Xamaica, Surinam e outro equipo procedente da rolda preliminar.

O calendario do combinado nacional 'tico', que xogará todos os seus partidos da primeira fase no Exploria Stadium de Orlando, é o seguinte:

Martes 13 de xullo (21:00 hora local, 3:00 do mércores 14 en España)
COSTA RICA - EQUIPO CLASIFICADO DA FASE PRELIMINAR

Sábado 17 de xullo (20:30 hora local, 2:30 do domingo 18 en España)
SURINAM - COSTA RICA

Mércores 21 de xullo (19:00 hora local, 1:00 do xoves 22 en España)
COSTA RICA - XAMAICA