RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Celso Borges disputou completo o Brasil - Costa Rica desta pasada noite en New Xersei

  Esta pasada noite, Celso Borges coa súa selección, Costa Rica, cayó ante Brasil (1-0) no Red Bull Area de New Xersei (Estados Unidos), nun choque amigable. O mediocentro branquiazul foi titular e disputó o noventa minut

O martes 8, o combinado costarriqueño recibe á selección uruguaia do tamén deportivista Jonathan Rodríguez en San José de Costa Rica.

Precisamente Jonathan impúxose (0-1) con Uruguai en Panamá. O dianteiro deportivista saltou ao céspede tras o descanso.
 
Finalmente Haris Medunjanin afronta con Bosnia Herzegovina dous partidos clasificatorios para a próxima Eurocopa. O primeiro xogouse o pasado xoves 3 de setembro no estadio Rei Balduino de Bruxelas ante Bélxica. O mediocentro deportivista foi titular e disputou 80 minutos ata que foi substituído por Ibisevic. Caeron os bosníacos (3-1), a pesar de que Dzeko púxoos por diante no marcador no minuto 15.
 
No segundo choque, hoxe domingo 6 de setembro, Bosnia Herzegovina recibe no estadio Bilino Polje de Zenica a Andorra, nun encontro que arrincará ás 20.45 horas.