RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges e Emre Çolak tamén van á selección

O Real Club Deportivo recibiu nas últimas horas a confirmación das convocatorias de Celso Borges e Emre Çolak para os seus respectivos equipos nacionais.

Celso Borges, a Costa Rica este luns

Celso Borges foi finalmente convocado pola súa selección nacional, Costa Rica, para dous partidos oficiais, correspondentes á eliminatoria pola zona CONCACAF para o Mundial de Rusia 2018.

Así, o venres 24 de marzo, Costa Rica visita a México, en Cidade de México; e catro días máis tarde, o martes 28, xogará ante Honduras en San Pedro Sula.

Se participa en ambos encontros, Borges converterase no sétimo 'tico' en alcanzar as 100 internacionalidades.

O mediocentro deportivista viaxa o luns 20 de marzo, tras #ONOSODERBI de Riazor ante o Celta de mañá domingo 19 de marzo ás 18:30 (Bein Sports).

Turquía recoñece o gran momento de Emre Çolak

Emre Çolak, nun gran momento de xogo no Dépor, foi citado por Turquía para dous partidos. O primeiro deles será o venres 24 de marzo ante Finlandia en Antalya (Turquía), clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. O segundo choque será amigable, con Moldavia como rival, o luns 27 de marzo na cidade turca de Eskisehir.

O atacante deportivista deberá estar o luns 20 de marzo en Istambul.

Marrocos confirma a presenza de Fayçal Fajr

Fayçal Fajr, que tivo unha destacada actuación na última edición da Copa de África, está na convocatoria definitiva de Marrocos para dous partidos amigables este mes.

Serán o venres 24 fronte a Burkina Faso; e o martes 28 ante Tunisia. Ambos os encontros serán no Gran Estadio de Marrakech.

O futbolista branquiazul deberá incorporarse á concentración da Selección o luns 20 de marzo.

Kakuta entra nos plans da República Democrática do Congo

O xogador do Deportivo Gaël Kakuta foi convocado pola súa selección, a República Democrática do Congo, para un partido amigable neste parón ligueiro. O choque está fixado o domingo 26 de marzo en Nairobi ante Kenia.

A concentración do equipo nacional iníciase a comezos da próxima semana.