RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Celso Borges e Sam Piette inician como titulares a Copa de Ouro da CONCACAF

Dous deportivistas, Celso Borges e Sam Piette, iniciaron esta pasada madrugada a Copa de Ouro da CONCACAF, unha competición oficial equivalente á Eurocopa ou á Copa América pero para as Seleccións Centro e Norteamericanas.

Ante Xamaica (2-2), Celso Borges foi titular e xogou o noventa minutos. A próxima cita do deportivista nesta competición será o 12 de xullo en Houston (Texas), fronte ao Salvador.

O calendario de Costa Rica é o seguinte::

COSTA RICA 2 - XAMAICA 2
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR, no BBVA Compass Stadium de Houston (Texas)
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA, no BMO Field de Toronto (Canadá)

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Sam Piette xogou 83 minutos ante O Salvador

Sam Piette empatou con Canadá ante O Salvador (0-0) no debut da selección que dirixe Benito Floro na Copa de Ouro.

O mediocentro fabrilista foi titular e xogou 83 minutos, sendo substituído por Russell Teibert.

A próxima cita será o 12 de xullo ante Xamaica en Houston (Texas), no mesmo escenario no que Borges se cita co Salvador.

A Copa de Ouro ten o seguinte calendario para Piette e Canadá:

O SALVADOR 0 - CANADÁ 0
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ, no BBVA Compass Stadium de Houston (Texas)
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA, no BMO Field de Toronto (Canadá).
Do mesmo xeito que Borges, Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro.