RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges, entre algodóns

Celso Borges apura a súa recuperación dunha escordadura de nocello dereito sufrida onte no adestramento. Esta mañá, o internacional costarriqueño quedou no vestiario, con tratamento médico e ximnasio.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo agardarán á súa evolución nos próximos días para saber se está en condicións de xogar este sábado 25 de febreiro en Leganés (18:30, Bein Sports).

Ademais de Borges, tamén Davy Roef segue coa súa recuperación do seu nocello esquerdo. Hoxe adestrouse co readaptador, Fran Molano.

Para o resto do cadro, incluídos os fabrilistas Óscar e Nacho Monsalve, houbo un traballo de posesión; transicións defensa-ataque; centros e remates; e, para concluír, un partido once para once.

Mañá xoves, os futbolistas están citados de novo en Abegondo ás 11:00 horas.