RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges non continuará no RC Deportivo

Celso Borges Mora (San José, Costa Rica, 27 de maio de 1988) non continuará pertencendo ao RC Deportivo ao alcanzarse un acordo sobre os termos da súa resolución contractual. O centrocampista internacional tico regresara ao Deportivo na Temporada 2020-2021 após defender a camiseta branquiazul catro temporadas nunha etapa anterior. No computo global Borges deixa o Dépor após disputar 133 partidos, anotado 17 goles e dado 10 asistencias en algo máis de 10.000 minutos sobre o terreo de xogo.

O RC Deportivo quere agradecer a Celso a súa profesionalidade, trato e achegas ao equipo e ao Club en todo este tempo, desexándolle os maiores éxitos profesionais e persoais nos seus futuros proxectos.