RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges non rota en Costa Rica e tamén xoga completo o choque ante Inglaterra

Hoxe xoves 7 de xuño, Celso Borges, con Costa Rica, someteuse ao duro exame de Inglaterra en Leeds. O mediocentro deportivista, fixo en todos os partidos da súa selección, xogou de novo completo un amigable que acabou en derrota centroamericana (2-0) ante os ingleses.

Celso Borges tamén xogou os 90 minutos do encontro ante Irlanda do Norte da pasada fin de semana en San José que serviu a Costa Rica para despedirse da súa afección.

O vindeiro luns 11, o equipo 'Tico' ten o seu último encontro de preparación antes do Mundial. Será ante outra potente selección, Bélxica, no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas.

Mañá venres 8 de xuño a quenda será para Fabian Schär, que se mide a Xapón en Lugano (19:00 horas), cuartel xeral de Suíza antes de viaxar a Rusia.

Onte, dous deportivistas que tamén estarán presentes no Mundial, Francis e Ismael Díaz, tiveron os seus últimos test de preparación.

Así, o meta fabrilista xogou de novo completo o encontro e perfílase como un dos fixos para o Mundial. Perdeu Nixeria ante a República Checa (1-0), con gol de Tomáš Kalas no minuto 25 do choque disputado en Austria.

Pola súa banda, Ismael Díaz saltou ao céspede do Ullevaal Stadion de Oslo no minuto 58, en substitución de Blas Pérez. O dianteiro fabrilista non puido evitar a derrota panameña ante Noruega (1-0), con tanto de Joshua King no minuto 3 de xogo.

Este é o calendario de partidos, amigables previos e da fase de grupos mundialista, dos 5 deportivistas:

Celso Borges

Amigables
Xoves 7 de xuño
INGLATERRA 2 - COSTA RICA 0

Luns 11 de xuño
20:45: BÉLXICA - COSTA RICA, no estadio Rei Balduíno (Bruxelas, Bélxica)

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Amigable
Venres 8 de xuño
19:00: SUÍZA - XAPÓN, no estadio Cornaredo (Lugano, Suíza)

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Amigable
Mércores 6 de xuño
REPÚBLICA CHECA 1 - NIXERIA 0

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ismael Díaz

Amigable
Mércores 6 de xuño
NORUEGA 1 - PANAMÁ 0

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Area (Saransk)

Michael Krohn-Dehli

Amigable
Sábado 9 de xuño
20:00: DINAMARCA - MÉXICO, no Brøndby Stadion (Brøndby, Dinamarca)

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)