RCD / NOVAS

Celso Borges, novidade na convocatoria para o LXXII Trofeo Teresa Herrera

04/08/2017 13:20

Celso Borges é a novidade na lista de 22 xogadores convocados para a LXXII edición do Trofeo Teresa Herrera que mañá sábado 5 de agosto disputarán no Estadio ABANCA-RIAZOR o Deportivo e o West Bromwich Albion (20:30 horas).

O internacional costarriqueño xa está recuperado dun pisotón nun pé que sufriu en Ferrol e que lle impediu xogar en Porto e en Oviedo, os dous últimos amigables do Dépor.

Pepe Mel citou en total para mañá a 22 futbolistas, entre os que non está Carles Gil, lesionado.

No adestramento desta mañá, cos fabrilistas Edu Expósito e Francis, o Dépor realizou rondos, exercicios de presión e fútbol en espazo reducido.

Os futbolistas convocados para o choque ante o conxunto inglés, no decimoprimer amigable deste verán para o Dépor, están citados mañá sábado ás 19:00 horas no mesmo Estadio ABANCA-RIAZOR.

RCD / AXENDA

20 XUL

Sábado 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

18 AGO

Domingo 18:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada1 RC Deportivo - Real Oviedo

25 AGO

Domingo 19:00 El Alcoraz

Partido

Xornada2 SD Huesca - RC Deportivo

01 SET

Domingo 18:00 Estadio de Vallecas

Partido

Xornada3 Rayo Vallecano - RC Deportivo

08 SET

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada4 RC Deportivo - Albacete BP