RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges opina que "gañar este tipo de partidos é un bo desafogo para o equipo"

Celso Borges, autor do primeiro gol do partido no seu regreso ao once inicial, afirmou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "estamos máis preto pero aínda non estamos. Faltan cousas por facer".

O internacional deportivista cre que agora o Deportivo, o domingo en Luanco, ten "unha oportunidade para poder máis ou menos deixar as cousas listas. Sabemos que é moi importante. Os partidos hai que xogalos, teñen todo o noso respecto por suposto. Xa nos demos conta esta temporada que a todos os equipos hai que respectalos. Temos que xogar co mesmo ímpeto e o mesmo compromiso co que xogamos hoxe e en partidos anteriores".

Este triunfo en ABANCA-RIAZOR supón, segundo o mediocentro branquiazul, "un desafogo para nós tamén, poder xa ver como se nos vai encamiñando a cousa. É verdade que non se acabou. E así como coas derrotas tardamos a noite para asimilalas e ao outro día volver ao traballo, o mesmo con isto. Agora asimilar o triunfo, durmir ben porque cando uno gana dorme ben, pero xa mañá outra vez porque vén unha nova oportunidade para seguir nese camiño. Pero un bo desafogo para o equipo o feito de gañar este tipo de partidos e xogando ben".

Nesta liña, Celso Borges opina que o Dépor esta tarde estivo "bastante ben. Ninguén dixo que ía ser fácil e aí seguimos", concluíu.