RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges pide asumir a derrota "con madurez" e admite que "hai moitas cousas por mellorar"

Celso Borges, un dos capitáns, pasouse pola zona mixta após concluír o partido en Zamora.

O mediocentro deportivista non está de acordo en que o partido do conxunto branquiazul fose horroroso: "Foron superiores, nada máis. Tentaremos facelo mellor o próximo partido e xa está".

Apunta iso si que "sempre hai cousas que mellorar. Nin cando estamos moi ben somos os mellores nin cando as cousas non saen somos os peores. Así que a traballar".

Esta derrota, opìna Celso, "hai que tomala con madurez. Por suposto que nos doe perder pero xa virá tempo para analizalo un pouco máis, co vídeo e todo iso. Pechamos xa unha rolda onde temos moitas cousas que mellorar, reforzar as boas e a seguir traballando".

Entende que #ANOSAFORZA estea "molesta. Perder partidos sempre doe a todos. Trataremos de facelo mellor. Non hai outra cousa máis que traballo realmente".