RCD / NOVAS

Celso Borges viaxa hoxe luns á concentración de Costa Rica

09/11/2020 15:01

Celso Borges foi convocado por Costa Rica para xogar dous amigables en Europa.

O mediocentro deportivista incorpórase hoxe luns á concentración do seu equipo nacional e regresará o martes 17 ao mediodía á Coruña.

A pesar desta citación internacional, o centrocampista branquiazul non se perderá ningún partido co Dépor debido a que coincide con parón ligueiro no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.

O venres 13 (11:00 horas), Costa Rica mídese a Qatar no estadio Hartberg de Viena (Austria); mentres que o luns 16 (13:45), os 'ticos' visitan ao País Vasco no estadio de Ipurúa de Eibar.

Máis novas de: BORGES