RCD / NOVAS

Celso Borges xogou 75 minutos en Bruxelas

11/06/2018 23:22

- Foto: @fedefutbolcrc -

Hoxe luns 11, a Costa Rica de Celso Borges tivo o seu último encontro de preparación antes do Mundial. Foi ante outra potente selección, Bélxica, no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas.

Como xa sucedeu ante Irlanda do Norte en San José e en Leeds ante Inglaterra, o mediocentro branquiazul foi titular. Celso Borges xogou 75 minutos na derrota 'Tica' (4-1). Foi substituído o xogador do Dépor por Randall Azofeifa.

A partir de agora, arranca o Mundial para os representantes branquiazuis.

Os primeiros deportivistas en debutar serán Krohn-Dehli con Dinamarca ante Perú; e Francis fronte a Croacia; ambos este sábado 16 de xuño.

Este é o calendario de partidos, amigables previos e da fase de grupos mundialista, dos 5 deportivistas:

Celso Borges

Amigables
Xoves 7 de xuño
INGLATERRA 2 - COSTA RICA 0

Luns 11 de xuño
BÉLXICA 4 - COSTA RICA 1

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Michael Krohn-Dehli

Amigable
Sábado 9 de xuño
DINAMARCA 2 - MÉXICO 0

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Fabian Schär

Amigable
Venres 8 de xuño
SUÍZA 2 - XAPÓN 0

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Amigable
Mércores 6 de xuño
REPÚBLICA CHECA 1 - NIXERIA 0

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ismael Díaz

Amigable
Mércores 6 de xuño
NORUEGA 1 - PANAMÁ 0

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Area (Saransk)

Máis novas de: BORGES, KROHN-DEHLI, SCHÄR