RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges xogou 83 minutos con Costa Rica ante a selección vasca

- Foto: @fedefutbolcrc -

O segundo partido amigable de Celso Borges con Costa Rica neste mes de novembro tivo lugar hoxe luns 16 fronte á selección vasca no estadio de Ipurúa de Eibar.

O centrocampista branquiazul foi titular e xogou 83 minutos dun partido que finalizou con derrota 'tica' (2-1) cun gol vasco no tempo engadido.

Celso Borges tamén xogou de inicio o pasado venres 13 de novembro ante Qatar no estadio Hartberg de Viena (Austria). Nesta ocasión disputou completo o encontro, que acabou con empate (1-1).

A pesar desta citación internacional, Celso non se perdeu ningún partido co Dépor debido a que coincidiu con parón ligueiro no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.

O internacional do Deportivo ten previsto regresar este martes 17 á Coruña.