RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Centenar e medio de deportivistas apoiarán ao equipo este domingo no RCDE Stadium

Unha vez concluída a venda de entradas, onte xoves ao peche da Oficina de Atención ao Deportivista, serán 150 afeccionados branquiazuis os que apoien ao equipo desde as bancadas do RCDE Stadium, este domingo 24 de setembro ás 12:00 horas.

Para este encontro ante o Espanyol, correspondente á 6ª xornada de LaLiga Santander, mobilizáronse un total de seis peñas: Barcelona, Mazaricos, Miau Miau, Non Vale Furar, Torcida de Riazor e Uxes.