RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

César debutou na Selección Nacional

O central deportivista foi titular co equipo nacional no seu primeiro encontro cos de Camacho.

César Martín, unha das novas incorporacións do persoal do Deportivo para a tempada 1999-2000, debutou como titular no encontro que a selección española disputou contra Polonia. O mozo xogador, que xa ten experiencia en encontros internacionais tras o seu paso pola selección sub-21, xogou de xeito conxunto na defensa co ex- deportivista Paco durante todo o encontro.España venceu o amigable contra Polonia por dous goles a un.