Os deportivistas César, Quique Romeu e Valerón están na lista de Iñaki Sáez para o partido fronte a Grecia clasificatorio para a Eurocopa de Portugal de 2004 que se celebrará no estadio Apostolos Nikolaidis de Atenas o día 7 de setembro a partir das 20.45 horas.César mostrouse satisfeito coa chamada "é o premio ao traballo, é un orgullo volver e espero non fallar ao seleccionador."
canaldeportivo, A Coruña29/08/2002 13:45
A lista complétana: Pablo Orbaiz (Athletic de Bilbao), García Calvo (Atlético de Madrid), Mendieta, Puyol e Xavi(Barcelona), Joaquín (Betis), Tamudo (Espanyol), Raúl Bravo, Iker Casillas, Raúl, Iván Helguera e Morientes (Real Madrid), Contreras (Málaga), Rubén Baralla, Carlos Marchena e Vicente (Valencia).
Os deportivistas Luque e Romeu foron citados polo seleccionador
nacional, Luís Aragonés, para unha xornada de convivencia en Madrid o vindeiro luns
23 de maio.
César Martín, un dos clásicos do Deportivo, é o protagonista de hoxe
en Dépor Sport, o xornal oficial do club. Como sente despois de tanto tempo sen xogar? Este ano só xoguei contra o Numancia. Agora estou ben fisicamente,
adestro con normalidade e espero dispor de minutos para xogar e gozar
no campo. Mentres non sexa así, hai que traballar para tentar que a
situación mellore.
O cartón amarelo coa que no partido de onte fué sancionado César carrexaralle unha sanción por acumulación de cartóns dun partido, polo que non poderá disputar o encontro do próximo domingo ante o Sevilla.