RCD / NOVAS

Charla de Barros Botana a Dépor Abanca e Dépor Abanca B sobre o trato cos árbitros

31/03/2017 19:57

Juan Ángel Barros Botana, delegado do primeiro equipo deportivista, deu esta tarde na sala de prensa de Abegondo unha charla ás xogadoras dos dous equipos femininos do Club, Dépor Abanca e Dépor Abanca B, coa intención de mellorar o seu trato co colectivo arbitral.

Delegado do Deportivo desde fai máis dun cuarto de século, ademais de ex árbitro e asistente, Barros Botana conversou coas futbolistas branquiazuis sobre diversos temas, como a relación cos colexiados, situacións nos partidos ou comportamento nos bancos.

Os corpos técnicos de ambos equipos do Dépor Abanca tamén participaron nesta charla.