RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Charla de Manuel Pablo mañá aos pais de xuvenís e cadetes

O ex capitán do Deportivo Manuel Pablo, integrante da Secretaría Técnica do Club, dará unha nova charla mañá mércores 14 de novembro ás 19.30 aos pais e nais dos xogadores xuvenís e cadetes. Será na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo.

Esta actividade, que arrancou o pasado mes de novembro co resto de equipos da canteira, está organizada pola Área Educativa do Club que coordina a psicóloga Marisol Arias Barja. A primeira experiencia foi o pasado martes 22 de novembro cos pais das xovens futbolistas do Alevín B, Benxamín A e Benxamín B; e continuou o 30 de novembro co Alevín A, Infantil B e Infantil A.

O que fora capitán do Dépor falará sobre a súa traxectoria como profesional e o papel que a súa familia desempeñou na súa carreira como xogador.