Charla de Valerón e Moll na sede da Pena Deportivista Pepe Guillín
Juan Carlos Valerón e Dagoberto Moll, dous deportivistas ilustres, ofrecerán unha charla coloquio o próximo xoves 17 de marzo ás 20.30 horas.
O acto, organizado pola Pena Deportivista Pepe Guillín en colaboración coa Federación de Penas, celebrarase na sede da citada agrupación branquiazul, no local de Antigos Alumnos Salesianos da Coruña.