RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Charla e recuperación esta mañá en Abegondo

O Deportivo realizou esta mañá unha sesión de recuperación en Abegondo, a 2 días de visitar ao Cádiz CF, este sábado 21 de setembro no Estadio Ramón de Carranza (16:00 horas, #Vamos).

O cadro reuniuse na sala de vídeo por espazo de case 2 horas e media; e saltou a continuación ao céspede para completar unha tarefa de estiramentos e uns rondos.

Quedaron no vestiario Somma, Borja Valle e Samuele Longo. Os fabrilistas Gandoy, Mujaid, David Sánchez, Valín e Boian adestráronse esta mañá ás ordes de Juan Antonio Anquela.

Mañá venres 20 de setembro, o equipo adéstrase en Abegondo ás 10:00 horas. Ao finalizar, o técnico deportivista dará a lista de convocados que se desprazan pola tarde a Cádiz, vía Sevilla.