RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Charla sobre nutrición para os pais do Dépor de LaLiga Genuine

O Dr. Manuel Viso, membro da Fundación IMQ San Rafael e especialista en nutrición, impartiu na Cidade Deportiva de Abegondo unha charla a todos os pais dos xogadores do Deportivo da liga Genuine sobre hábitos saudables e nutrición de cara a estes meses de verán sen actividade deportiva.

A inicios do pasado mes de marzo a Fundación RC Deportivo e a Fundación IMQ San Rafael asinaron un convenio de colaboración co fin de promover e fomentar de maneira conxunta actividades de carácter deportivo, cultural e social. O obxectivo do acordo está centrado no desenvolvemento conxunto de programas e campañas de fomento dos hábitos saudables, entre eles a promoción da actividade física, a nutrición e prevención da obesidade, así como a redución do tabaquismo ou a concienciación sobre o consumo de alcol.

Esta charla atópase dentro das accións formativas da Escola de Pais do Real Club Deportivo para que, neste caso, as familias dos xogadores de Dépor de LaLiga Genuine teñan a oportunidade de coñecer o papel fundamental da alimentación na saúde, así como na prevención de enfermidades.