RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Chema e Álex Rei, do Dépor Genuine, hoxe coa selección da FGDA no Rosal

O Estadio Municipal da Mata (O Rosal) acolle hoxe desde as 16:00 h. un torneo de Fútbol 8 adaptado organizado pola Federación Galega de Deporte Adapatado (FGDA) e a UD Ribeira.

Para a cita, un partido fronte a un combinado da Fundación Celta Integra cunha duración de 4 tempos de 10 min. cada un, a FGDA realizou unha selección de 11 xogadores na que se atopan dous futbolistas do Dépor Genuine.

Álex Rey e Chema representan ao Dépor nun combinado formado por Brais Lourido (Asdan), Francisco Somoza (Asdan), Carlos Oitaven (San Rafael), Carlos Graña (San Rafael), Jorge Alonso (Juan María), Youseff (Vilagarcía), Brais Val (Vilagarcía), Pedro Vazquez (Aspanaex) e Javi (porteiro de San Rafael).