RCD / NOVAS

Christian foi titular no triunfo de Venezuela en Panamá

12/09/2018 11:28

O dianteiro deportivista Christian Santos estivo concentrado estes días coa Selección de Venezuela para dous partidos amigables.

A 'Vinotinto' tivo como rivais a dous conxuntos mundialistas. Onte martes 11 (ás 6:00 de hoxe mércores 12 en España), Venezuela impúxose (0-2) a Panamá, no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

Christian Santos foi titular e xogou 56 minutos nun partido que decantou José Salomón Rondón, precisamente a súa substitución, con 2 tantos.

O primeiro dos amigables foi o pasado venres 7 de setembro ante Colombia no Hard Rock Stadium de Miami. Caeron pola mínima os venezolanos (2-1). O dianteiro branquiazul estivo no banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Por este dobre compromiso da súa selección, Christian Santos perdeuse o debut ligueiro do pasado domingo no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón da 4ª xornada e non estará tampouco no partido de Copa do Rei en Zaragoza de hoxe mércores 12 de setembro (21:00 horas, Gol), correspondente á segunda eliminatoria do torneo do KO.

O ariete branquiazul incorporarase directamente á concentración en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) mañá xoves ao mediodía, nada máis aterrar en Madrid.

Máis novas de: CHRISTIAN SANTOS