RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos advirte que "debo ter paciencia e traballar duro"

Christian Santos manifestou esta mañá, tralo acto da Semana Cardiovascular no policlínico de HM en Matogrande, que "foron moi importantes os 3 puntos" de onte luns ante o Granada CF.

O internacional venezolano resaltou a creación ofensiva branquiazul ante o conxunto andaluz, que se presentaba no ABANCA-RIAZOR nunha moi boa dinámica. "Ao longo da temporada vai ser moito máis", prometeu.

Ademais, Christian alegrouse do triunfo porque "o merece a afección. É o camiño que temos que seguir".

A nivel persoal, sen minutos de xogo onte, opina que debe ter paciencia: "Perdinme a pretemporada, estiven coa Selección. Os compañeiros puideron gozar máis minutos. Esperar a miña oportunidade e dalo todo".

Neste sentido, confesou que lle parece "fatal que non pare a Segunda División. En todos os países para. Debesen considerar iso para que os xogadores que están en Segunda División que son internacionais, poidan gozar diso. Eu perdinme 2 partidos e a continuidade. Entón é complicado".

Apunta que ten confianza no seu xogo, "e iso é o máis importante", subliña; á vez que lembra que a liga é moi longa, ou sexa que toca "ter paciencia e traballar duro, iso si. O demais vén por si".

Ante a visita ao Nàstic do domingo 30 de setembro no Nou Estadi de Tarragona (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), o dianteiro deportivista advirte que "se nos preparamos ben, como debe ser, vai ser diferente" que o choque en Alcorcón.