RCD / NOVAS

Christian Santos, concentrado con Venezuela, mídese mañá venres a Colombia

06/09/2018 11:36

O dianteiro deportivista Christian Santos foi convocado pola Selección de Venezuela para dous partidos amigables este mes de setembro.

A 'Vinotinto' terá como rivais a dous conxuntos mundialistas. O primeiro será mañá venres 7 de setembro (20:30 hora local, 2:30 do sábado 8 en España) ante Colombia, no Hard Rock Stadium de Miami.

O vindeiro martes 11 (21:00, hora local, 6:00 do mércores 12 en España), o combinado venezolano visitará a Panamá, no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

Christian Santos incorporouse á concentración en Miami (Estados Unidos) o pasado luns 3 de setembro. Así pois, o ariete branquiazul perderase o debut no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (domingo 9 de setembro ás 20:45 horas, Movistar Partidazo) da 4ª xornada e o partido de Copa do Rei en Zaragoza do mércores 12 de setembro (21:00 horas, Gol), correspondente á segunda eliminatoria do torneo do KO.

Máis novas de: CHRISTIAN SANTOS