RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos e o fabrilista Gandoy, novidades na convocatoria do Dépor para Ponferrada

O Deportivo mídese mañá sábado 14 de decembro en El Toralín á SD Ponferradina (18:00 horas, #Vamos) con 18 futbolistas, entre os que se atopan Christian Santos, de alta médica; e o fabrilista Gandoy, que se une a Mujaid, habitual este nas últimas citacións do primeiro equipo.

Explica Luis César en rolda de prensa que Aketxe e Longo quedan "unicamente porque entran Christian Santos e Jovanović. Saen 2 dianteiros e entran 2 dianteiros. Hai que levar unha aliñación prevista e hai que levar ao banco de todo un pouco".

Tamén apunta o adestrador branquiazul que entra Gandoy "porque fai falta un centrocampista puro e ao lesionarse Gaku non teño. Non é que deixe a xogadores do primeiro equipo fóra e leve a un xogador do Fabril. Necesito centrocampistas e non teño".

Causan baixa de maneira obrigatoria os lesionados David Simón, Borja Valle e Gaku.

No adestramento desta tarde, tamén cos fabrilistas Boian, David Sánchez e Valín, Luis César, após un quecemento con rondos e xogos, ordenou unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade. Todo iso por espazo de 1 hora de duración.

O equipo desprázase esta mesma tarde a Ponferrada. "É unha viaxe de 2 horas e non é conveniente viaxar o mesmo día do partido. Chegamos alí esta tarde e descansamos. Mañá estamos instalados alí", subliña o técnico deportivista.

O plan de viaxe do Dépor é o seguinte:

Venres 13 de decembro
18:15: Saída en autocar a Ponferrada
20:15: Chegada aproximada ao Hotel Ciudad de Ponferrada

Sábado 14 de decembro
18:00: SD Ponferradina - Deportivo, en El Toralín
Ao concluír, viaxe de regreso á Coruña

Após o partido, Luis César citou de novo ao seu cadro o domingo 15 de decembro ás 9:30 para almorzar en Abegondo, nunha sesión de recuperación para os que sexan titulares en Ponferrada que comezará ás 11:00 horas.