RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos: "Hai que facer as cousas o mellor posible e ter paciencia. Nada máis"

Christian Santos foi o protagonista do Deportivo na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O internacional venezolano, nomeado polos medios de comunicación Xogador Estrella da LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera, dixo estar "contento co equipo. Persoalmente nalgunhas situacións ben, outras se que non chego con ritmo. Isto hai que aceptalo".

Asume que en liga "os dianteiros están a marcar. Teño que esperar ata que me dean unha oportunidade. Hoxe foi unha oportunidade, marquei. Analizando as cousas, tomándoo con calma".

Na súa opinión, "sería excelente" poder ser titular o luns 19 de novembro en Almería (21:00, GOL e LaLiga 1|2|3 TV): "Estaría moi a gusto en sumar minutos, poder coller ritmo".

O seu día a día explica que "é complicado para un dianteiro. Hai que facer as cousas o mellor posible, ter paciencia e nada máis. Estou nun momento no que teño que ter paciencia".

Agradeceu a ovación da bancada de ABANCA-RIAZOR ao ser substituído: "Estou moi agradecido aos afeccionados. Sempre nos animan, achégannos moito".