RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos resalta o "bo partido" do Dépor e Álex cre que o triunfo "nos reforza moito"

Christian Santos e Álex Bergantiños, os dous goleadores esta tarde en Xixón, compareceron ante os medios de comunicación na zona mixta do Estadio de El Molinón-Enrique Castro 'Quini'.

O internacional venezolano subliñou que o seu tanto "foi un gol importante, foron 3 puntos importantes. Estou feliz, alegre. Feliz polos meus compañeiros que fixeron un bo partido".

Insiste na súa alegría por "poder sumar, por poder axudar ao equipo. Espero que poida continuar así e darlle alegría á afección".

Christian confesa que cambiou "a miña maneira de ver as cousas. Como se ve estou alegre, feliz. É o básico que me leva a estar os adestramentos alegre, compartir cos compañeiros. Parece simple pero se non o comprendes non é fácil".

Pola súa banda, Álex Bergantiños contou como viviu un día infestado de sensacións: "Desde o principio vir ao estadio onde estiven o ano pasado; reencontrarme con toda a xente, empregados e demais. Sempre son sensacións diferentes a un partido normal. E coincidencias da vida, non marco moitos goles pero fun a marcar hoxe no aniversario da miña filla, que veu desde A Coruña a ver o partido e apoiarme. Dedicarllo a ela porque xa que non tivemos festa hoxe, que goce de ver marcar ao seu pai que non é algo moi habitual".

O capitán deportivista lembrou que "falamos durante a semana de que faltaba gañar fóra de ABANCA-RIAZOR e que mellor que un estadio como este, nun partido de rivalidade. O equipo foi intenso, soubo sufrir en momentos dados que é importante para sacar vitorias neste tipo de campos. Eles foron moi intensos, a base de empuxe e dalgunhas faltas que fixemos metéronnos atrás. Tivemos personalidade para sufrir, para nos últimos minutos saír da súa presión. Contentos por que nos reforza moito. Agora tentar que sexa un punto de inflexión para o noso rendemento fóra de ABANCA-RIAZOR".