RCD / NOVAS

Cinco xogadoras do Deportivo Abanca premiadas onte en Cambados

26/06/2017 11:55

O Deportivo Abanca foi o protagonista da quinta Gala do Fútbol Feminino Galego, que se celebrou onte domingo 25 de xuño no Auditorio Municipal de Cambados (Pontevedra), organizada polo medio de comunicación Revista do Fútbol Feminino Galego.

O conxunto branquiazul, que pelexou practicamente ata a última xornada por ser campión de liga do grupo 1º de Segunda División Nacional, acaparou boa parte das distincións correspondentes á temporada pasada:

-Mellor equipo: Deportivo Abanca
-Mellor lateral dereita: Cristina Martínez 'Cris'
-Mellor mediocentro: Tere Abelleira
-Mellor mediocentro esquerda: María Corral
-Mellor interior esquerda: Nuria Rábano
-Pichichi de Segunda División: Estefanía Pabst
-Mellor xogadora galega: Tere Abelleira
-Mellor xogadora promesa: Tere Abelleira
-Mellor gol da temporada: María Corral