RCD / NOVAS

Cita grande para un Dépor ABANCA ao completo, mañá domingo ante o Atlético de Madrid Femenino

02/11/2019 13:30

O Deportivo ABANCA visita mañá domingo 3 de novembro ao Atlético de Madrid Femenino (16:15 horas, Gol) na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares, nun dos partidos marcados en vermello no calendario deportivista pola entidade do rival.

Manu Sánchez, técnico deportivista, viaxa con toda a súa artillaría, un total de 18 futbolistas, para medirse a un Atlético de Madrid Femenino potente e que ademais está nun gran momento de forma, após apear ao Manchester City e clasificarse por primeira vez na súa historia para os cuartos de final da Champions League.

Após realizar un último adestramento en Abegondo, o Dépor ABANCA viaxa a Madrid, segundo esta folla de ruta:

Sábado 2 de novembro
12:15 (horario aproximado): Saída en autocar a Madrid, con parada para comer en La Bañeza
19:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel AC Alcalá de Henares

Domingo 3 de novembro
16:15: Atlético de Madrid Femenino - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña