RCD / NOVAS

Cita mañá martes para o Xuvenil B ante o Racing Villalbés, en partido aprazado o pasado mes de xaneiro

15/02/2021 16:07

O partido da 10ª xornada de liga no subgrupo A de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Racing Villalbés, que foi aprazado o pasado domingo 24 de xaneiro en Abegondo por un caso positivo de COVID-19 no conxunto lucense, xógase mañá martes 16 de febreiro, festividade de entroido, ás 12:00 horas na Cidade Deportiva.

O encontro terá lugar a porta pechada debido á pandemia de coronavirus.

O Xuvenil B, cun partido menos, é o actual líder do subgrupo A con 33 puntos de 33 posibles. Os pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher levan tres puntos de vantaxe sobre a SD Compostela, segundo na táboa con 30 puntos.