RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Cita oficial para o Alevín B e amigable para o Benxamín B, ambos mañá martes en Abegondo

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen compromiso mañá martes 18 de decembro na Cidade Deportiva de Abegondo.

Así, o Alevín B mídese (19:00 horas, campo de herba sintética) ao Orillamar SD B, en partido correspondente á 7ª xornada na Segunda Comarcal A Coruña disputada a pasada fin de semana, no que o conxunto deportivista participou no Torneo Internacional Media Gol Cup de Cornellá (Barcelona).

O Alevín B marcha en segunda posición con 16 puntos, a 3 puntos do líder, o Ural CF C, que ten 19 puntos e un partido máis que os branquiazuis.

Pola súa banda, o Benxamín B xoga un amigable (ás 19:15 horas, tamén no campo de herba artificial) ante o Atlético Coruña Montañeros CF A.

O equipo que prepara Álvaro Rodríguez xa non ten partido oficial neste 2018. A súa competición na Segunda Comarcal A Coruña voltará o 12 de xaneiro de 2019, en hora e escenario por fixar, ante a Santa María del Mar B.