RCD / NOVAS

Cita para Carlos Fernández con España sub-21 mañá mércores en Logroño

13/11/2018 21:32

- Foto: RFEF -

O dianteiro do Deportivo Carlos Fernández foi convocado pola selección española sub-21 para 2 partidos amigables este mes de novembro.

Así, o equipo nacional dirixido por Luis de la Fuente mídese en primeiro lugar mañá mércores 14 de novembro (20:00 horas) nas Gaunas (Logroño) a Dinamarca.

Ademais, o luns 19, España visitará a Francia, nun encontro que se xogará no Estadio Michel D'Ornano en Caen. Será a última cita do ano para a sub-21 española, que prepara así o Campionato de Europa do ano próximo.

Por este motivo, Carlos Fernández perderase o LXXIII Trofeo Teresa Herrera de mañá mércores 14 de novembro (20:45 horas) no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club; e o partido de LaLiga 1|2|3 correspondente á 14ª xornada do Deportivo en Almería (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Máis novas de: CARLOS FERNÁNDEZ