RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cita para o Alevín A desde este venres na Arousa Fútbol 7

O Alevín A ten esta fin de semana una das citas estrela da súa programación de torneos amigables, a Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia).

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Villarreal CF, AFC Ajax, Rayo Vallecano e ED Val Miñor.

O calendario do Alevín A na Primeira Fase é o seguinte:

Venres 31 de maio
11:20: ALEVÍN A - VILLARREAL CF
17:50: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A

Sábado 1 de xuño
16:15: AFC AJAX - ALEVÍN A
18:55: ALEVÍN A - RAYO VALLECANO

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan o domingo 2 de xuño ás 10:00 horas; e o resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén a partir desa mesma hora.