RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Citas amigables mañá sábado para #ANOSACANTEIRA na Estrada e Vila de Cruces

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín B e Benxamín B, teñen mañá sábado 25 de maio torneo amigable na Estrada e Vila de Cruces respectivamente.

FC Porto, EF Portero 2000 e UD Santa Mariña, primeiros rivais do Alevín B na Galo Cup 2019

O Alevín B participa na X edición da Galo Cup, no Municipal do Camballón, en Vila de Cruces (Pontevedra).

O conxunto deportivista terá como primeiros rivais ao FC Porto, EF Portero 2000 e UD Santa Mariña.

O calendario de partidos do equipo que prepara Luis Pastur é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: ALEVÍN B - EF PORTERO 2000 (campo 1)
12:05: UD SANTA MARIÑA - ALEVÍN B (campo 1)
15:25: ALEVÍN B - FC PORTO (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 16:45 horas.

Benxamín B e Real Madrid ven as caras no Torneo Concello da Estrada

O Benxamín B e Real Madrid veranse as caras nun dos partidos da Primeira Fase da IV edición do Torneo Concello da Estrada, organizado polo Escola Estrada Fútbol Base no Novo Campo Municipal da Estrada.

A SD Villestro será o terceiro equipo do grupo C, no que está encadrado na Primeira Fase o cadro deportivista.

O calendario do Benxamín B é o seguinte:

Primeira Fase
9:55: SD VILLESTRO - BENXAMÍN B (campo 1)
11:35: BENXAMÍN B - REAL MADRID (campo 1)

Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase, que arranca a partir das 12:00 horas, da que sairán as cruces de cuartos de final.