RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Claro triunfo do Cadete en Narón nun novo exame de pretemporada

O Cadete do Dépor impúxose en Narón ao SD O Val (0-8) nun novo exame de pretemporada. Guerrero -2-, Jorge -2-, Juan Barros, Oreiro, Luis Viñas e Iraitz foron os autores dos goles branquiazuis dun partido con pouca historia.

Cadete: Yago Moreira, Hugo Torres, Oreiro, Diego Miranda, Pablo Parada, Dani Estévez, Guerrero, Juan Barros, Manu Ferreiro, Iraitz e Jorge García. Tamén xogaron: Ayana, Román e Luis Viñas.

O Cadete comeza a liga o próximo 2 de outubro en Abegondo ante o CD Calasanz; no subgrupo A da División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o subgrupo estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son 22 xornadas. Os catro primeiros xogarán a Fase polo Título cos catro primeiros clasificados do subgrupo B. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

A pretemporada marcha así para o Cadete de Darío Cotelo:

Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 3 (Lucas Taibo e Adrián Guerrero -2-) - AJ Lérez 0
Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 3 (Noe Carrillo, Adrián Guerrero e Iraitz) - Rápido de Bouzas 0
Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta) - ED Xuventude de Oroso 0
Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 1 (Juan Barros) - RC Celta 0
IV Memorial Marcos Gómez (Viveiro): Viveiro CF (xuvenil) 0 - Cadete 2 (Noe e Jorge)
Amigable: Cadete 7 (Guerrero -3-, Jorge García, Luis Viñas e Iraitz -2-) - CD Calasanz B (xuvenil) 1
Amigable: SD O Val 0 - Cadete 8 (Guerrero -2-, Jorge García -2-, Juan Barros, Oreiro, Luis Viñas e Iraitz)