RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Clasificarse entre os cinco primeiros, obxectivo do Benxamín A en o grupo 2º da Primeira Comarcal

O Benxamín A arrinca a competición ligueira no grupo 2º da Primeira Comarcal cun obxectivo claro, quedar entre os cinco primeiros, para acceder posteriormente a unha segunda liga cos cinco primeiros equipos do grupo 1º. Desta segunda liga sairán os cinco clasificados para o Campionato Galego da categoría.

O primeiro rival do Benxamín A que dirixe Pablo Barros é o UD Juvenil, o sábado 14 de outubro ás 11:00 no campo dos Loureiros de Almeiras (Culleredo).

O formato de competición desta Primeira Fase será de liga a unha soa volta.

O calendario do Benxamín A é o seguinte:

Xornada 1 (14/10/2017)
UD Juvenil - Benxamín A
Xornada 2 (21/10/2017)
Benxamín A - Atlético Arteixo
Xornada 3 (28/10/2017)
Orillamar SD - Benxamín A
Xornada 4 (04/11/2017)
Benxamín A - Sporting Burgo
Xornada 5 (11/11/2017)
Atlético Castros - Benxamín A
Xornada 6 (18/11/2017)
Benxamín A - Betanzos CF
Xornada 7 (25/11/2017)
CD Calasanz - Benxamín A
Xornada 8 (02/12/2017)
Benxamín A - Ordenes SD
Xornada 9 (09/12/2017)
San Tirso SD - Benxamín A