RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Claudio Beauvue entra na lista de convocados para recibir mañá domingo en ABANCA-RIAZOR ao Cádiz CF

Claudio Beauvue adestrouse esta mañá ás ordes de Fernando Vázquez e xa entrou na lista de 20 convocados para recibir mañá domingo 19 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ao Cádiz CF (16:00 horas, #Vamos), en partido correspondente á 24ª xornada en LaLiga SmartBank.

O novo dianteiro deportivista completou con normalidade unha sesión na que non estiveron por lesión Borja Valle, Beto, Christian Santos e Jovanović. David Simón realizou tarefas co grupo e outras co readaptador, Fran Molano. Estes 5 futbolistas causan baixa de maneira obrigada.

O que si está na convocatoria, ademais do fabrilista Mujaid, é Emre Çolak, sancionado con 1 partido de suspensión, pero pendente da resolución dos Comités da Federación.

Esta mañá, Fernando Vázquez dispuxo, após un quecemento, unha serie de exercicios tácticos e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Os convocados concéntranse esta noite ás 19:30 horas no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.