RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Clausurado o II Dépor Campus Cabreiroá Indoor

Coa entrega de diplomas e o sorteo de agasallos entre os participantes, convidados ademais a acudir o vindeiro domingo ao Dépor-Lugo de LaLiga en Riazor, púxose punto final nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña (A Grela) e Pádel Plus (Alvedro) ao II DéporCampus Cabreiroá Indoor.

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Real Club Deportivo puxo en marcha esta actividade para pechar o ano de DéporCampus Cabreiroá, que tamén se celebran en Semana Santa e no verán, coa participación nesta última cita de 53 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que desde o pasado mércores 26 e até o mediodía de hoxe gozaron desta experiencia Dépor.

Repartidos en dous grupos, un de 20 futbolistas na pista de Culleredo e o resto na coruñesa, os nenos e nenas gozaron desta actividade de lecer e formativa do Nadal, antesala da actividade presentada o pasado venres, a "Escola Dépor" que permitirá seguir traballando conceptos futbolísticos durante todo o ano nas instalacións cubertas de Fútbol Indoor Coruña, da man dos técnicos do Real Club Deportivo.