RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Clausurados os DéporCampus Cabreiroá de Semana Santa

Na mañá de hoxe levaronse a cabo clausuras das dúas sedes de DéporCampus Cabreiroá de Semana Santa en Carballo e Ordes. 

Despois de tres xornadas intensas de diversión e fútbol aprendendo de primeira man os valores Dépor cos técnicos do RC Deportivo, os nenos e nenas de ambas as actividades puideron gozar dunha última sesión de divertidos desafíos técnicos e varias gymkanas.

Ás 13:00 h., tivo lugar o peche de ambas as sedes cun sorteo de agasallos e a entrega de diplomas antes de realizar as fotos de recordo da súa participación na actividade.

A Fundación RC Deportivo continuará preparando agora os DéporCampus de verán 2021 que este ano esperan poder recuperar as súas datas iniciais en función á evolución da pandemia.

Para solicitar información acerca de todas as actividades, así como calquera xestión da súa inscrición poden escribir á dirección deporcampus@rcdeportivo.es