RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Çolak advirte que 'cando me adapte máis, vou dar o mellor'

Emre Çolak, tras o seu regreso da concentración da selección de Turquía, pasó esta mañana pola sala de prensa de Abegondo.

Despois deste parón, desvelou que ten "moitas ganas" de xogar xa este sábado 19 de novembro en Riazor ante o Sevilla (13.00 horas, Bein Sports). "Quixemos gañar en Selecta pero non puidemos. Agora queremos gañar ao Sevilla", recalca.

Do conxunto hispalense de Jorge Sampaoli, destaca Çolak que é un equipo "moi forte, atacante. Pero non nos importa. Queremos sacar o tres puntos, que nos fan falta. Queremos gañar todos os partidos en Riazor".

Resolveu a súa ausencia en Vigo, no último derbi ante o RC Celta: "Respecto a decisión do adestrador. Neste partido non pensaron en min. Miro adiante. Este tema está pechado". "Non lle dei moita importancia. Tento xogar todos os partidos. Antes de xogar contra a Valencia fixen moito esforzo para xogar e xoguei", engade.

Subliña Emre, un dos futbolistas máis queridos polo deportivismo, que está "feliz aquí. Estou mellor do que pensaba. Temos que adoitarnos a gañar todos os partidos. Estou a adaptarme aquí. Cando me adapte, vou dar o mellor. Gústame moito a cidade e o equipo".