RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Çolak, Andone e Gil, convocados para o Memorial Antonio Meirás desta tarde na UDC Elviña

Emre Çolak, Florin Andone e Carles Gil son as novidades na lista de 24 futbolistas para disputar esta tarde (19:30) ante o Silva de Terceira División, no Estadio Universitario de Elviña, o Memorial Antonio Meirás.

O Silva SD fixou o prezo das entradas en 5€, que estarán á venda desde as 18:00 h. nos diferentes puntos habilitados nos accesos do estadio. As portas abriranse ao público ás 18:30 h. por dous accesos diferentes.

O adestramento de hoxe en Abegondo arrincou cun traballo preventivo, que correu a cargo dos preparadores físicos David Gómez, Xullo Hernando e José Ángel Franganillo.

A continuación, Pepe Mel fixo especial fincapé na posesión de balón e en accións de estratexia ofensivas e defensivas.

Houbo traballo específico, cun circuíto físico con finalizacións, para algúns futbolistas, caso de Juan Domínguez, Fayçal, Celso Borges e Pedro.

Borja Vale, cunha lumbalxia, realizou só a primeira parte da sesión. quedaron no vestiario Álvaro Queijeiro e Bicho, mentres que Fede Cartabia e Borja Galán adestráronse co readaptador, Fran Molano.

O único contratempo da mañá protagonizouno Arribas, que se retirou antes que o resto ao vestiario cunha pequena brecha na súa cella esquerda.

Mañá domingo 16 de xullo haberá día de descanso. O equipo volverá aos adestramentos o luns 17 de xullo ás 18:00 en Abegondo.