RCD / NOVAS

Çolak e Rubén fan as delicias dos nenos do DéporCampus Cabreiroá 2017 de Abegondo

21/07/2017 14:12

Os futbolistas do Deportivo Emre Çolak e Rubén Martínez foron os encargados esta mañá de entregar os diplomas aos 150 nenos e nenas que participaron na cuarta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2017 en Abegondo.

O acto desenvolveuse no campo de herba sintética da Cidade Deportiva de Abegondo.

Os futbolistas branquiazuis, no seu mesma roupa de adestramento, pousaron con cada grupo de nenos e na foto oficial conxunta. Previamente, Emre Çolak e Rubén entregaron un a un a cada participante o seu diploma.

A próxima semana, do 24 ao 28 de xullo, a actividade dos DéporCampus Cabreiróa 2017 reunirá a 200 nenos distribuídos no quinto e última quenda de Abegondo, Ordes e Monforte.

Este ano, a sede central na Cidade Deportiva de Abegondo pasou de 3 a 5 semanas de actividade (a última de xuño e todo xullo). Os DéporCampus Cabreiroá estrearon ademais 4 sedes: As Pontes, Santiago, Ordes e Zas, que sumáronse ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Rianxo, Bertamiráns, Ferrol, Monforte e Xenebra (Suíza).

O RC Deportivo organiza esta actividade dirixida polos técnicos do Club co obxectivo de transmitir habilidades e conceptos futbolísticos, ademais dos valores que representa o Dépor: respecto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade.

Máis aló das actividades, o equipamento deportivo (composto de camiseta, pantalón e medias), a froita e o zume diarios, o diploma final, a visita dun dos xogadores do primeiro cadro deportivista (sempre dentro das posibilidades do calendario do equipo) e un sorteo final de agasallos, son outros dos atractivos dos DéporCampus Cabreiroá, que teñen un horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas.