RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Çolak e Sabin Merino entran na lista de convocados do Dépor

Emre Çolak e Sabin Merino, ademais do fabrilista Mujaid, entraron na lista de convocados do Deportivo para recibir mañá xoves 16 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ao Real Racing Club (19:00 horas, Movistar LaLiga).

Fernando Vázquez citou para o choque a todos os dispoñibles, posto que non están os 'tocados' David Simón, Christian Santos, Beto e Jovanović; todos con adestramento específico esta mañá. Ademais, Mollejo está sancionado por acumulación de amoestacións.

Na sesión de hoxe, despois dun quecemento e rondos, o técnico deportivista dispuxo unha tarefa de posesión con porterías pequenas e un partido para concluír.

Os xogadores convocados concéntranse mañá xoves ás 12:00 horas no Hotel Meliá María Pita.

Tralo partido ante o Real Racing Club, o cadro adestrarase de novo en Abegondo o venres 17 de xaneiro ás 10:30 horas.